Servizos ó cidadán
ubicacion

Rutas de Sendeirismo

imagen




Ruta do Milagre

Lonxitude: 4 quilómetros.
Duración: 2 h.ida e volta.
Dificultade:Media.

Ubicada no Concello de Pedrafita percorre as parroquias de Barxamaior e O Cebreiro.

A ruta ten o seu inicio en Barxamaior, accédese dende Pedrafita por un desvío á saída da localidade que forma parte do Camiño de Santiago. Comezase baixando por un camiño ata o río, de onde parte unha corredoira en ascenso ata Fontevedra. O camiño intérnase nunha fraga que nos leva ata O Cebreiro.

Lugares destacados nesta ruta son a ermita de Barxamaior, os seus hórreos, o castiñeiro centenario e a casa onde viviu o santo.

Trátase dun percorrido alternativo ó habitual do Camiño de Santiago dende Barxamaior ó Cebreiro.



Ruta do Pozo do Lago Maior

Lonxitude: 2 quilómetros.
Duración: 1h. ida e volta.
Dificultade: Escasa.

A ruta transcorre pola parroquia de Hospital, no municipio de Pedrafita do Cebreiro. Trátase dunha ruta moi corta, de apenas 2 quilómetros, con inicio en Hospital para ascender ata o lago maior.

Hospital é un núcleo de paso no Camiño de Santiago, posuíndo un interesante conxunto arquitectónico, igrexa parroquial, albergue de peregrinos, e fermosas casas de pedra e lousa, así como unhas excelentes vistas panorámicas da Serra dos Ancares.

Durante o percorrido acompáñanos o sonido da auga que baixa ata a estrada. No tramo final hai que sortear en varias ocasións un regato ata chegar a unha pequena planicie dende onde se albisca o lago, de uns 100 m de largo por 25 de ancho.

Esta ruta, de escasa dificultade, constitúe un magnífico complemento o Camiño de Santiago.



Ruta dos Muíños

Lonxitude: 10 Km

Duración: 5h ida e volta

Dificultade: Escasa

Ruta para facer en coche ou bicicleta. Atopánse 18 muíños e o nacemento do Río Navia en Busnullan

 




Ruta do Camiño de Santiago nos Ancares

Lonxitude: 16 km

Duración: 3h cada etapa

Dificultade: alta

Pasa por Pedrafita, Cebreiro, Liñares, Hospital, Padornelo e Fonfría. Nesta ruta atopámonos con igrexas, ermidas, pallozas e hórreos, pódese disfrutar da gastronomía típica e da natureza. No cebreiro existen hospedería, hostal e albergue de peregrinos.




Ruta dende Brañas a Chandepena

Lonxitude: 16 quilómetros.
Duración: 2 h. e 30 min. ida e volta a pe.
Dificultade: Media.

É aconsellable facela nun vehículo todo terreo. Posee magníficas vistas. No seu percorrido atopámonos con miradores, merendeiros e zonas recreativas. 




junta                                                             line