Servizos cidadn
ubicacion

Monumentos | Monuments

SANTA MARA LA REAL

monumento

Recibe o nome de Santa María a Real do Cebreiro por ter sido declarado o santuario de protección Real, sendo favorecido en tódolos tempos por privilexios reais.

A igrexa de estilo Prerrománico, foi fundada, probablemente, polos monxes bieitos no século IX. Despois Alfonso VI púxoa en mans dos monxes franceses da abadía de San Hiraldo de Aurillac, pasando a depender de novo da orde bieita en tempos dos Resi Católicos, e sendo finalmente abandonada por estes trala desamortización de Mendizábal en 1853

 


Ten planta irregular con cuberta de losa a dúas augas, prebiterio en arco triunfal con bóveda de medio putno. A torre forma un pórtico con catro pilares and catro arcos de medio punto, representadno a típica arquetectura das montañas de Lugo.

 

No interior, ten tres naves irregualres e unha capela bautismal separada do resto da igrexa. No Altar Maior pódese admirar unha réplica do Cristo crucificado. O orixinal móstrase no Museo de Escultura de Arte Sacra de Madrid.

Á dereita do altar maior está a capela do Santo Milagre, na cal podemos ver a imaxe de Santa María a Real. Trátase da Virxe dos Remedios. Dise que inclinou a súa cabeza para poder observar o Santo Milagre e así quedou. A imaxe leva nunha man o anel pastoral que lle ofrendou o Bispo de Lugo, frei Plácido.

Sufriu varias reformas, a última en 1971. No altar de esta capela consérvanse nunha vitrina o cálice e a patena onde se produciu o milagre, xoias do románico, e o relicario para gardar a carne e o sangue de Cristo que regalaron os Reis Católicos. Debaixo da vitrina hai un sagrario de prata que representa a urna da Catedral de Santiago onde reposan os restos do Apóstolo Santiago. Á dereita están os sepulcros dos protagonistas do Santo Milagre, o fregués da parroquia de Barxamaior e o monxe de Aurillac. Á esquerda do altar maior atópase a capela de San Bieito, adicada aos monxes fundadores da igrexa. Aos pés do altar está o sepulcro do párroco Elías Valiña Sanpedro, principal valedor destas terras, que emprendeu as restauracións do poboado e foi o gran impulsor do Camiño de Santiago. Foi párroco do Cebreiro dende 1959 ata 1989, ano do seu falecemento

 

 


queixo-cebreiro                         xacobeo-cebreiro                    galicia-cebreiro                      Aviso Legal | Política de Cookies rplica de relojes