Restaurantes
Casa Carolo |
O Cebreiro,20 |
982367168 |
Casa Núñez |
Fonfría do Camiño,s/n |
982161335 |
Restaurante García |
Lg. Camiño da feira, nº 2 |
982367021 |
Mesón O Tear |
Hospital,14 |
982367183 |
Resturante San Giraldo de Aurillac |
O Cebreiro |
982367125 |
Taberna O Moreno |
O Cebreiro |
982181257 |
Restaurante Santa María de Poio |
Alto do Poio, s/n-Padornelo- |
982367096 |
Parrillada Suso |
Pedrafita do Cebreiro |
982367147 |
Pazos |
Pedrafita do Cebreiro |
982367085 |
Rebollal |
Pedrafita do Cebreiro |
982367115 |
Lido |
R/ Constitución,4-Pedrafita |
982367144 |
O Tear |
Hospital |
982367183 |
Bar Puerto |
O Poio |
982367172 |
GASTRONOMIA
Pedrafita do Cebreiro presenta unha atractiva riqueza gastronómica, toda unha referencia para os visitantes.
A cociña nesta zona destaca pola súa elaboración caseira, baseada en produtos naturais típicos da zona, como son os derivados do porco, cos que se elabora o afamado cocido, exquisitos postres artesanais a base de noces, mel ou castañas, e por riba de todo sobresae o tradicional queixo do Cebreiro.
Panadería O Seixo
Pan Artesano, Feito Ao Estilo Tradicional
982 15 13 74
689158222
Supermecado Chao
Avda Castilla 20
Tlfno: 982 36 71 45
Pedrafita Do Cebreiro
Especialidad En Productos Artesáns: Queixos Do Cebreiro, Bizcochos, Pan Do País, Empanadas Caseiras De Horno De Leña, Embutidos Da Zona, Licores E Viños, Productos Do Bierzo, Tartas De Santiago.
DENOMINACIÓN DE ORIXE QUEIXO DO CEBREIRO
Denominación de Orixe recoñecida por Orde da Consellería de Agricultura, Gandeiría e Montes da Xunta de Galicia de 16-04-91 e publicada no D.O.G. de 08-05-91.
A zona de produción dos queixos amparados pola Denominación de Orixe Queixo do Cebreiro sitúase na zona oriental da provincia de Lugo e abrangue os concellos de Baralla, Becerreá, Folgoso do Caurel, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Triacastela e Pedrafita do Cebreiro.
A súa orixe pode estar vencellada ós monxes que ocuparon estas terras e que utilizaban leite cru ou cocido, extraído das vacas rubias da zona. Coñecido pola súa forma semellante a un gorro de cociñeiro ou a un fungo,os peregrinos que percorrían o camiño encargáronse dende vello de dalo a coñecer e hai documentación que acredita a súa existencia desde o século XVIII.
Trátase dun queixo de cor branco ou amarelo, segundo a maduración, con sabor lixeiramente acedo.
O leite utilizado é o do gando vacún saneado das razas Rubia Galega, Pardo Alpina e Frisona, criadas na zona. O queixo elabórase de xeito completamente natural, con leite enteiro pasteurizado, sen ningún tipo de aditivos nen conservantes, e cuallo animal ou outros autorizados.
O seu contido en materia graxa estará comprendido entre o 45 e o 60 por 100.
O queixo do Cebreiro podese comercializar en duas modalidades, cun peso por peza comprendido entre 0,5 e 2 kg:
As características da pasta varían en función do grao de maduración:
Fresco
Maduración mínima de dous días, ten unha codia pouco diferenciada, a masa é granulada, branda, arxilosa ó tacto, untuosa, fundente ó padal. O seu sabor é lixeiramente acedo.
Curado
Maduración mínima de dous meses, ten unha codia forte, pasta cor amarela, de consistencia dura ás veces e en xeral nun estado intermedio entre branda e dura que non pode cualificarse de manteigosa pois é máis firme. Sabor un tanto picante e lácteo.
Comercialízase baixo a D.O Queixo do Cebreiro, en unidades etiquetadas que fan referencia á súa condición de “ Produto Galego de Calidade”, o que garante a orixe, a calidade e a correcta elaboración deste produto.
CONSELLO REGULADOR DA DENOMINACIÓN DE ORIXE PROTEXIDA CEBREIRO
Tlfno:982 36 70 12
Fax: 982367412
Correo: queixocebreiro wanadoo.es
Enlace: www.lugonet.com/cebreiro