O 17 e 18 de abril celebrarase no noso concello a IV Edición da Ruta do Queixo 4X4. Trátase dunha ruta turística e cultural en vehículos todoterreo, quads e buggies.

O 17 e 18 de abril celebrarase no noso concello a IV Edición da Ruta do QUeixo 4X4. Trátase dunha ruta turística e cultural en vehículos todoterreo, quads e buggies.
Esta ruta discorrerá polas seguientes localidades:
Comeza no concello de Pedrafita do Cebreiro pasando por Pedrafita, O Cebreiro, Rubiais, Acivo e Zanfoga. Entra logo no concello de Folgoso do Courel percorrendo o Alto do Faro, Hórreos, Ferramunín, Visuña, Céramo, Cambelo, Carbedo, Esperante, Seoane do Courel, Piñeira, Teixeira e Noceda para voltar a Pedrafita pasando por Seixo, Hospital, Pacios, Vega de Forcas, Liñares, Coterces, Lagua, Barxamaior e rematando de novo en Pedrafita.
Organiza: Club Roda's Arriba Team
Aqueles que queiran participar deberán contactar cos organizadores do evento:
Diego Fernández López - 639677955
José Manuel Teijeiro Montero - 649199258