Dende o 1 de Outubro de 2009 está aberta e a disposición dos nosos visitantes unha oficina de Información Turística que conta con información propia do Concello, da Serra dos Ancares- Courel e do Camiño de Santiago.

De luns a venres, en horario de 9 a 3, atenderemos a súas demandas de información e axudarémoslles a resolver dudas sobre servizos, transportes, recursos turísticos, lugares de interés, etc. para que así poidan sacarlle o máximo partido a súa visita.
A Oficina de Información turística está situada na segunda planta das dependencias do concello, na Praza de España,2.