Servizos ó cidadán
ubicacion

Parroquias | Parishes

imagen

Cebreiro, Sta. María do

182 habitantes distribuidos nas entidades de Barxamaior, O Cebreiro, Fonteferreira, Fontevedra, Foxos, Lagúa de Tablas, Moeda y Penaseara. A igrexa parroquial, Santuario de Santa María a Real do Cebreiro, data do século IX , pertencendo ó estilo prerrománico. Ten nave rectangular, cuberta a dúas augas e cuberta de tella. Fundada polo Conde de Aurillac, é un dos monumentos máis antigos do Camiño de Santiago, e a ela está unida a “lenda do Santo Grial”. No interior deste punto de referencia na Ruta Xacobea atópanse unha pía bautismal do s.XVIII e un cálice do s. XII, retablos e esculturas salientables.

 

 

 

 

 

 

Fonfría, San Xoán de

47 habitantes. Limita ó Norte e o Leste co Concello de As Nogais. A igrexa parroquial de San Xoán, construída no s. XVI sofreu varias reformas, a máis significativa no ano 1964. Ten nave rectangular, muros de pedra e cuberta de lousa. A sancristía atópase a carón dun dos laterais da nave. Posúe no seu interior un retablo con tallas.

Hospital, San Xoán de

71 habitantes distribuidos nas entidades de Hospital, Teixoeiras y Vilarín do Monte. A fundación do hospital ao que dá nome a parroquia atribúese á condesa Egilo, esposa do conde Gatón. A igrexa foi filial do mosteiro de O Cebreiro e probablemente a aldea do Temple ten relación coa devandita Orde de Cabalería. En Hospital atópase a Capela de San Xoán, cunha soa nave de pranta de cruz latina, con presbiterio de arco triunfal e bóveda de medio punto. Construcción feita en muros de cachotaría, conta cunha torre a que se accede por unha escaleira exterior, e está coroada por unha cúpula

Liñares, Sto. Estevo de

91 habitantes distribuidos nas entidades de Brimbeira, Celeiró, Coterces e Liñares. O topónimo ten a súa orixe nas antigas plantacións de liño existentes nesta localidade.Conta con igrexa parroquial, adicada a San Estevo, de feitura similar a de Santa María do Cebreiro, cunha soa nave de pranta rectangular e torre cuadrada. Restaurada en 1963, a súa fundación data de finais do s. VIII. No interior destaca un retablo barroco

Lousada, San Vicente de

150 habitantes distribuidos nas entidades de Chan da Pena, Lousada, Rabaceira, Santalla, Sisto e Trabazas. A igrexa parroquial de San Vicente ten imaxes barrocas de San Pedro e San Pablo, e varias tallas de interese, contando tamén con retablos neoclásicos, un deles coa imaxe da Virxe e o Neno do s.XVI.

Louzarela, San Xoán de

90 habitantes distribuidos nas entidades de Louzarela e Val de Fariña. No interior da igrexa parroquial de San Xoán consérvase unha talla do s.XVI.

Pacios, San Lourenzo de

85 habitantes distribuidos nas entidades de Pacios e Seixo. A Casa Grande de Pacios tiña vínculo e morgado fundados no 1696, disfrutando os seus donos de poder civil e criminal no coto. Actualmente, o pazo está adherido á igrexa parroquial. Igrexa de San Lourenzo, con pranta irregular e muros de cachotaría, con cuberta de lousa a dúas e catro augas. Posúe torre cuadrada de tres corpos, e no interior retablos e esculturas.

Padornelo, San Xoán de

155 habitantes distribuidos nas entidades de Busnullán, Lago, Mota, Modreiro, Padornelo, Pallarvello, Porfía, Sabugos, Temple, Vilanova, Vilasol e Vilaverde. O burgo de Padornelo foi cedido por Oveco Sánchez a Xelmírez e disque na súa igrexa houbo unha encomenda da Orde de San Xoán de Malta. A igrexa parroquial de San Xoán, do s.XV, ten pranta rectangular, muros de cachotaría e cuberta de lousa. Conta con entrada lateral por un cabido cuberto. O campanario está coroado por un remate triangular. No interior atopamos un retablo barroco do s.XVII, e varias esculturas.

Pedrafita do Cebreiro, San Antón de

237 habitantes , agrupados nas entidades de San Antón e Pedrafita (núcleo).

Riocereixa, Sta. Mª Madalena de

91 habitantes distribuidos nas entidades de Fonteformosa, Riocereixa e San Pedro.

Veiga de Forcas, Sta. María de

29 habitantes.

Zanfoga, San Martiño de

228 habitantes distribuidos nas entidades de Acibo, Brañas, Casares, Fonlor, Fonteboa, Penacerbeira, Rubiás, Santín, Veiga de Brañas y Zanfoga. A igrexa parroquial de San MArtiño ten tres naves, cruceiro, sancristías e atrio cuberto. No interior conserva un retablo de estilo renacentista e imaxes da Nosa Señora do Carme e outra representando o inferno. Destaca a cruz parroquial de prata, do s.XVII.

junta                                                             line