O municipio de Pedrafita do Cebreiro, está situado no centro das serras orientais de Galicia, entre as serras dos Ancares e O Courel de, dista 63 quilómetros da cidade de Lugo, capital da provincia, e limita con os concellos lucenses de As Nogais, Cervantes, O Courel, Samos, e Triacastela.
A estrada N-VI atravesa o concello polo extremo nororiental e comunica Lugo co Cebreiro. Outro acceso ao concello é a estrada que segue o Camiño de Santiago dende a comarca de Sarria e tamén a autovía A-6.
Conta cunha superficie de 104,9 qm² nos que residen 1.456 habitantes en 12 parroquias.
Elévase na maior parte do seu territorio por riba dos 1.000m, sendo un dos lugares de máis altitude de Galicia, aínda sen ter grandes cimas, a non ser as serras de O Piornal, Rañadoiro e Chao da Serra, que ascenden por riba dos 1.300m.A pesares da altitude, as montañas son suaves e constitúen unha paisaxe ondulada, formada por vales e montañas.
No Cebreiro atopamos dúas concas fluviais, nacendo dous ríos: o Navia, que ten a súa orixe na Serra de Rañadoiro, a 1.200m, e o Lor, que nace nas estribacións da Serra do Courel.
Climatolóxicamente Pedrafita presenta un clima de tipo oceánico de montaña, con veráns cortos e frescos, e invernos largos e fríos, nos que son correntes as precipitacións en forma de neve. As máximas anuais non adoitan superar os 14 ou 15º, mantendo unha media anual entre os 6 e 8º.
As actividades do sector primario ocupan aproximadamente ao 65% da poboación activa. Presenta unha economía baseada na agricultura de autoconsumo e gandaría con explotacións bastantes grandes a pesares da orografía da zona, que dificulta a existencia de superficies cultivables. A gandaría é a principal fonte de ingresos, destacando o gando vacún de producción cárnica, seguido do porcino.
O sector secundario conta con pequenas industrias artesanais dedicadas a actividades coma a carpintaría ou a fabricación do famoso queixo do Cebreiro.
 |
 |
|
|
No sector servizos, que ocupa aproximadamente a un 17% da poboación atopamos un incremento nas últimas décadas debido o auxe do turismo da zona, coa creación de pequenos comercios e diversos servizos.
O illamento e as duras condicións de vida nestas terras, deron lugar o nacemento dunha rica artesanía popular, da cal podemos admirar interesantes mostras no Museo Etnográfico do Cebreiro, levándonos a coñecer as nosas raíces.