|
Información de Interés
Turismo
El Municipio
|
Saudo do AlcaldeBenvidos e Benvidas a este portal
Iniciamos unha nova ruta no eido da información, un xeito de achegarse a Pedrafita do Cebreiro, estean onde estean, e comezar un camiño no que poderán coñecer a historia, a cultura, a natureza, o turismo e servizos do concello.O mesmo tempo intercambiaremos experiencias, opinións, facendo máis rico este andar no que se favorece a participación e a comunicación entre o goberno e os cidadáns. Neste longo percorrido queremos ofrecer un municipio atractivo, vivo e dinámico, sostible, emprendedor e con futuro. Anímovos a coñecer este camiño e sentir de preto a vida da nosa montaña. Agradezo a vosa visita. O Alcalde José Luis Raposo Magdalena
|