Servizos ó cidadán
ubicacion

Festas e Feiras | Fiestas y Ferias | Festivals and Fairs

imagen

Categorías | Categories

Festas e Feiras | Fiestas y Ferias | Festivals and Fairs

01-01-1970 - 01-01-1970
Feira de Pedrafita do Cebreiro
Pedrafita do Cebreiro celebra a tradicional feira os días 5 e 21 de cada mes. A feira ten carácter agropecuario e gastronómico, servindo de ponto de encontro e lugar de intercambio dos produtos da zona.






02-04-2010 - 02-04-2010
XXIV Feira de Denominación de Orixe Protexida Cebreiro

A feira do queixo vénse celebrando en Pedrafita do Cebreiro hai 22 anos, acadando cifras recórd de asistentes en cada edición. Ten lugar no Venres de Semana Santa cando O Cebreiro convírtese nun lugar de peregrinación para centos de persoas. 

Esta feira é un bo escaparate do queixo artesán e natural do Cebreiro.  A xente que se congregue na Feira poderá atopar Queixos do Cebreiro con Denominación de Orixe. Este queixo é brando e lixeiramente ácido, está elaborado con leite pasteurizada do gando vacún de rubia galega, sen conservantes ou productos medicamentosos, o que fai deste queixo un disfrute para o padar. Tamén se expoñen na feira outros queixos e productos que se elaboran de xeito artesantal nas casas.








13-06-2010 - 13-06-2010
Feira de San Antón
A Festa de SAn Antón en Pedrafita do Cebreiro celébrase o día 13 de xunio de cada ano en honor a San Antón. É unha celebración de carácter relixioso.






08-09-2010 - 09-09-2010
Romería de Santa María do Real e o Santo Milagre
A romaría celébrase o 8 e 9 de setembro. Durante a celebración os romeros poden ver as reliquias do Santo Milagre, o corpo e sangue de Cristo e o Santo Grial. Culmina cun gran xantar con platos típicos da zona.






19-09-2010 - 19-09-2010
Feira Anual de Gando
A Feira Anual de Gando celébrase na Praza de España de Pedrafita do Cebreiro, ofertándose gando vacún, maquinaria agrícola e productos da zona. A data habitual da Feira e o tercer domingo do mes de setembro. Os gandeiros dos concellos limítrofes acuden a este certame con motivo de expoñer as súas mellores reses, otorgándoselle premios.






17-04-2010 - 18-04-2010
IV Edición da Ruta do Queixo 4X4

Ruta turística e cultural en vehículos todoterreo, quads e buggies que discorre polas seguintes localidades:

Comeza no concello de Pedrafita do Cebreiro pasando por Pedrafita, O Cebreiro, Rubiais e Acivo. Entra logo no concello de Folgoso do Courel percorrendo o Alto do Faro, Hórreos, Ferramunín, Visuña, Céramo, Campelo, Carbedo, Esperante, Seoane do Courel, Piñeira, Teixeira e Noceda e volta de novo a Pedrafita pasando esta vez por Seixo, Hospital, Pacios, Vega de Forcas, Liñares, Coterces, Lagua, Barxamaior e rematando en Pedrafita.

Organiza: Club Roda's Arriba Team

Para participar poden contactar coas seguientes persoas responsables da organización:

Diego Fernández López - 639677955

José Manuel Teijeiro Montero - 649199258









junta                                                             line