Servizos ó cidadán
ubicacion


Novas | Noticias | News
IV Edición da Ruta do Queixo 4X4
  O 17 e 18 de abril celebrarase no noso concello a IV Edición da Ruta do Queixo 4X4. Trátase dunha ruta turística e cultural en vehículos todoterreo, quads e buggies.
Nova Oficina de Información Turística no concello de Pedrafita
  Dende o 1 de Outubro de 2009 está aberta e a disposición dos nosos visitantes unha oficina de Información Turística que conta con información propia do Concello, da Serra dos Ancares- Courel e do Camiño de Santiago.

 

XXIV FEIRA DA DENOMINACIÓN DE ORIXE PROTEXIDA CEBREIRO
  

Programa de actos

9:30 Benvida ós productores

10:00 Apertura da XXIV Feira da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro

12:00 Pregón da festa

13:00 Baile rexional Grupo Xistra

*Programa da tarde por concretar

Haberá ademáis unha exposición no Centro de Artesanía.

A neve como atrativo turístico
  

Son moitos os visitantes que chegan a Pedrafita na época invernal atraídos pola beleza que presenta a paisaxe nevada nestas montañas.


Axenda | Agenda |

Feira de Pedrafita do Cebreiro
  Pedrafita do Cebreiro celebra a tradicional feira os días 5 e 21 de cada mes. A feira ten carácter agropecuario e gastronómico, servindo de ponto de encontro e lugar de intercambio dos produtos da zona.

XXIV Feira de Denominación de Orixe Protexida Cebreiro
  

A feira do queixo vénse celebrando en Pedrafita do Cebreiro hai 22 anos, acadando cifras recórd de asistentes en cada edición. Ten lugar no Venres de Semana Santa cando O Cebreiro convírtese nun lugar de peregrinación para centos de persoas. 

Esta feira é un bo escaparate do queixo artesán e natural do Cebreiro.  A xente que se congregue na Feira poderá atopar Queixos do Cebreiro con Denominación de Orixe. Este queixo é brando e lixeiramente ácido, está elaborado con leite pasteurizada do gando vacún de rubia galega, sen conservantes ou productos medicamentosos, o que fai deste queixo un disfrute para o padar. Tamén se expoñen na feira outros queixos e productos que se elaboran de xeito artesantal nas casas.


Feira de San Antón
  A Festa de SAn Antón en Pedrafita do Cebreiro celébrase o día 13 de xunio de cada ano en honor a San Antón. É unha celebración de carácter relixioso.

Romería de Santa María do Real e o Santo Milagre
  A romaría celébrase o 8 e 9 de setembro. Durante a celebración os romeros poden ver as reliquias do Santo Milagre, o corpo e sangue de Cristo e o Santo Grial. Culmina cun gran xantar con platos típicos da zona.

junta